Toda a actualidade de Mos
Nidia Arévalo presenta "Noites vivas" para os mozos de Mos no instituto mosense: video relacionado coa noticia: http://www.vigometropolitano.com/news/163/ARTICLE/14838/2009-03-13.html
Trala positiva experiencia noutros concellos este proxecto de tempo de lecer alternativo nocturno para mozos e mozas presentarase como experiencia piloto neste Concello
Enfrontándose ó xa moi estendido “Botellón”, o proxecto de “Noites Vivas” pretende apartar ós mozos e mozas dos roles de consumo de alcol e outras substancias; ofertando, para iso, distintas actividades en horario nocturno coma malabares, percusión, funk ou capoeira, entre outros.
A concellería de Participación Cidadá de Mos presenta este proxecto como unha experiencia piloto que tomará forma entre os meses de Marzo e Xuño, cunha sesión un sábado de cada un dos meses e en horario nocturno entre as 19.00 horas e as 00.30 horas. Todas as actividades concentraranse nas instalacións públicas coas que conta o Concello: Multiusos, Biblioteca Municipal, Pavillón Oscar Pereiro e Piscina Municipal; estando dirixidas fundamentalmente a mozos e mozas de Mos de 14 anos en diante (ata os 40 anos de idade).
O proxecto ten como finalidade última promover un cambio cara a un tempo de lecer nocturno saudable, mellorando así a calidade de vida da xuventude e fomentando novos modelos de socialización non baseados no núcleo temático do alcol e outras substancias perigosas.
Que preguntaron os alumnos
preguntas e respostas sobre “noites vivas”
P.-¿Cal é o obxetivo do programa,e a previsión de participantes?
R.- O obxetivo do programa “Noites Vivas” e ofertar ocio nocturno saudable á mocidade de Mos. Esperamos que o índice de participación sexa moi elevado xa que as actividades estan deseñadas tendo en conta os gustos dos xóvenes e tamén novidades que lles poidan resultar atractivas.
P.- ¿Cómo se financia o programa e a cánto ascende o seu custo total?
R.- O programa finánciase a través da partida presupuestaria asignada polo concello de Mos á Concellaría de Participación Cidadá, poden colaborar tamén outras concellarías, e o presupuesto aprobado das actividades programadas para os meses de abril, maio e xuño ronda os 3.200- 3.500 Euros.
P.-¿Poderá algún participante impartir algunha actividade que non esté dentro da programación?
R.- Os monitores e docentes que desenvolven as actividades son persoas preparadas, profesionais nas súas áreas, debidamente acreditadas e aseguradas, requisitos necesarios para garantila legalidade e calidade do servicio que prestan estas persoas.
Pola outra banda, trátase de unha experiencia piloto, cunha primeira programación ata o mes de xuño período necesario para poder realizar unha avalición de participación, interese e calidade. E Por suposto, en todo momento estamos abertos ás suxerencias e propostas que nos queiran facer os/as participantes.
P.-¿Están as actividades adaptadas para poder participar as persoas con discapacide?
R..- Os locais municipais onde se desenvolverán as actividades (tanto o pabellón Municipal “Oscar Pereiro” coma o edificio Multiusos) están totalmente acondicionados para favorecela participación das persoas con discapacidade. Non hai barreras arquitectónicas e dispoñen de servicios adaptados.
Polo tanto as persoas con necesidades especiais poderán elexir coma o resto de mozos e mozas, en función dos seus gustos, intereses e habilidades os obradoiros e actividades nas que queren participar.
P.-¿Hai algún responsable da seguridade da actividade?
R.-O concello ten que garantila seguridade en todalas iniciativas que asume, e iste non é un caso diferente por iso porá en marcha todos os recursos dispoñibles (policía municipal, voluntariado e otras medidas) para o correcto transcurso dos eventos.
P.-¿Quen impulsou e promoveu esta actividade?
R.- Sen dúbida esta iniciativa resposta ó interese dos e das mosenses
O impulso parte de Alcaldía, o deseño do proxecto realízase desde a Concellería de participación Cidadá e a Omix coa colaboración de outras concellarías como deportes, cultura…
P.-¿Conta este proxecto con algunha colaboración externa?
R.-Esta é unha iniciativa municipal pero tentaremos contar coa colaboración da Diputación e calquera outra entidade que quera colaborar.
P.- ¿Facilita o Concello o material que se necesita para impartilas actividades?
R.-As actividades contan con todolos materiais que precisanse para o seu correcto desenvolvemento. O único que ten que ter os asistentes son moitas gañas de pasalo ben.
P.- ¿Haberá medios de transporte que recorran o municipio para poder chegar o pabellón e ó multiusos?
R.-Haberá transporte sobor de todo para facilitala participación dos máis mozos no horario de tarde-noite, quedando excluído, en principio , o horario nocturno xa que as persoas destinatarias son maiores de idade con outras posibilidades na sua movilidade.
P.-¿Nas actividades soio poden participar xóvenes que estean empadronados en Mos?
R.- Este proxecto vai dirixido á mocidade de Mos, é unha alternativa de ocio saudable que tenta cubrir un espazo que ata o de agora non existía, tendo que desprazarse a nosa xuventude a outros concellos para disfrutar de este tipo de alternativas. Agora Mos xa pode ofrecer este recurso a súa mocidade.
Fonte: VM
sábado, 14 de marzo de 2009
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)