jueves, 5 de marzo de 2009

Atracado cando ía retirar cartos dun caixeiro en Mos

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Fonte: crtvg

Dúas traballadoras incansables

A homenaxeada de Pereiras, Felisa Alonso (de pé), ensina os figuríns de moda que cosía a Maruxa Domínguez, de Mos.

Aínda que o seu bo aspecto físico non o reflicta, estas dúas mulleres de Mos traballaron duramente ao longo das súas vidas e seguen facéndoo na que cualifican de terceira idade. A maior delas, Felisa Alonso, ten 80 anos e vive na parroquia de Pereiras co seu fillo. Agora dedícase a coidar a casa e as súas ovellas, pero o seu pasado inclúe duros traballos e profesións varias. Criouse xunto a oito irmáns e mentres foi novo exerceu como modista. Coa máquina de man ía de casa en casa mostrando os figurines para que elixisen os modelos de roupa.

Entre as súas tarefas, recorda tamén ser leiteira. Co bidón na cabeza transportaba leite ata o alto de Puxeiros e cando se facía de noite servíase dun farol que escondía entre as mimosas para que non llo roubasen.

Estando solteira quedou embarazada e, soa, encargouse de criar ao seu fillo mentres seguía vivindo na casa materna. Comezou a ir ao xornal e recorda que lle pagaban 600 pesetas.

Entre as tarefas máis duras que tivo que desempeñar destaca a de cargar e descargar estiércol e toxos de carros tirados por bueyes. Ela soa encargábase de enchelos e transportalos ata as leiras. "?Era un perigo, estrada abaixo ou carro só, eu púñalle ou freo e vos bois como eran vellos obedecíanme", relata a octagenaria.

Na actualidade goza de boa saúde, só ten que controlarse a tensión cunha pastilla diaria que se toma logo de almorzar. Come de todo e bebe un vasiño de viño rebaixado con auga "porque senón pícame na garganta" , comenta Felisa.

Mentalidade optimista
A pesar das súas oito décadas cumpridas, Felisa posúe unha mentalidade optimista á hora de exporse a vida como se reflicte nalgunhas das súas expresións: "Para que se queren vos cartos" e "hai que vivir a vida".

Pola súa banda, aos 69 anos, María Domínguez á que todos coñecen como Maruja é a viva historia dunha nai de dous nenos que enviudó estando embarazada de dous meses e cunha casa unicamente estruturada.

Traballou 15 anos para a empresa leiteira Larsa. Co seu burro, "fariñote" como lle chama ela, dedicouse a transportar leite, ás veces oito bidóns de 40 litros ata a igrexa de Mos.

Na actualidade, continúa plenamente activa e rexenta un furancho no que despacha o viño que cultiva. Ambas serán homenaxeadas por Abrandares Rurais de Louriña, o vindeiro domingo.

Fonte: farodevigo

A edil de Cultura do Concello de Mos, Sandra Temes, asistiu a o primeiro ensaio da obra 'Pra que viría eu ó médico...!


A edil de Cultura do Concello de Mos, Sandra Temes, asistiu a tarde de onte, mércores 4 de marzo, ó primeiro ensaio xeral da obra 'Pra que viría eu ó médico...! nin sempre é anécdota', realizado pola compañía de teatro Fontevella.

A representación desta obra terá lugar o sábado 21 de Marzo ás 20.00 horas no Pazo de Mos e surxe baixo o lema 'Teatro en primavera'. Trátase dun evento organizado por ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, e no que colabora o Concello.

Os textos que estes veteráns actores interpretarán o día 21 foron escritos por un dos protagonistas da obra, Pepe Ramilo, e adaptados pola directora da mesma, Chelo Pampillón. Este colectivo de artistas afeccionados suma un elenco de 12 actores, 6 veciños do Concello de Mos e outros 6 do Porriño, un técnico de son e de iluminación e unha maquilladora. A media de idade é de 80 anos, pero as gañas de traballar, a ilusión e a profesionalidade son proporcionais á cantidade de anos vividos por cada un. Eles mesmos se autodefinen coma "almas xuvenís".

A agrupación Teatro Fontevella leva representando esta obra dende Outubro de 2008, mes no que a estrearon no Centro da Cultura do Porriño. Nese municipio actuaron tamén, levando este mesmo guión, no Centro Social de Maiores; e logo trasladáronse a outras localidades máis lonxanas coma Brión ou Budiño, acadando sempre, según declarou esta tarde a directora, Chelo Pampillón, "unhas boísimas aceptación e acollida". A do sábado 21, será a sexta vez que representan esta obra.

"Os ensaios realízanse polas mañáns, entre un e dous días á semana, excepto cando temos actuación, que intensificamos o traballo", informa Chelo, quen tamén declarou que "o teatro repórtalles moitos beneficios a nivel físico e psicolóxico ás persoas maiores: énchense de gañas, de responsabilidades... fano tan ben que é un pracer observalos". Na maioría das ocasións ata se confeccionan eles mesmos o seu propio vestiario para as obras.

Teatro Fontevella fundouse en 1995 e a meirande parte dos seus membros forman parte do grupo dende os seus inicios, "e iso nótase nas tablas, na experiencia", dí a súa directora; e engade: "e o mellor de todo é que non queren deixalo".

Sinopse
'Pra que viría eu ó médico...! nin sempre é anécdota' é unha escolma de feitos imaxinarios e anecdóticos, que ben poderían ser reais, acontecidos en consultas médicas. Capta ese 'certo aquel' das salas de espera que se soen converter en tertulias nas que se chega a falar do tempo, das colleitas, das festas, dos veciños, das veciñas e, como non, das doenzas. E aborda tamén a problemática do escaso tempo do que dispoñen os médicos para atender ós seus pacientes. Todo tratado con humor e buscando a diversión de cada espectador dos que se atopan entre o púbico.

Fonte: vigometropolitano

A Alcaldesa acompaña ás veciñas de Petelos e Sanguiñeda ó segundo baño termal con motivo do Día Internacional da Muller


A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Benestar Social, Ana María Rodríguez Cabaleiro, interesáronse estes días polo grao de satisfacción que o circuíto termal no Palacio da Auga de Mondariz Balneario está a causar nas mulleres participantes.

A edil Ana Rodríguez desprazouse o luns, primeiro día de realización desta actividade, ata o balneario para recibir ás bañistas e inaugurar a iniciativa promovida polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebra o domingo 8 de Marzo.

Arévalo, rexedora local mosense, acompañou onte ás afortunadas que puideron desfrutar dunha tarde de relax en augas termais, e preguntoulles se estaban contentas de poder realizar este tipo de actividades. A resposta foi unánime, as 25 se amosaron encantadas e "dispostas a repetir", segundo declararon. A Alcaldesa contoulles tamén ás mulleres alí presentes que "eu fun, sendo edil no Concello de Mos, a que creou a concellería da Muller, por iso me satisface enormemente que o esteades a pasar ben e enorgulléceme moitísimo a boa acollida que entre vós está a ter esta actividade".

A iniciativa está a ser un éxito, e é que os datos falan por si sós. Os días que se leva realizado a actividade crubriuse sempre o número de prazas máximo posible.

Fonte: vigometropolitano