
A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Benestar Social, Ana María Rodríguez Cabaleiro, interesáronse estes días polo grao de satisfacción que o circuíto termal no Palacio da Auga de Mondariz Balneario está a causar nas mulleres participantes.
A edil Ana Rodríguez desprazouse o luns, primeiro día de realización desta actividade, ata o balneario para recibir ás bañistas e inaugurar a iniciativa promovida polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebra o domingo 8 de Marzo.
Arévalo, rexedora local mosense, acompañou onte ás afortunadas que puideron desfrutar dunha tarde de relax en augas termais, e preguntoulles se estaban contentas de poder realizar este tipo de actividades. A resposta foi unánime, as 25 se amosaron encantadas e "dispostas a repetir", segundo declararon. A Alcaldesa contoulles tamén ás mulleres alí presentes que "eu fun, sendo edil no Concello de Mos, a que creou a concellería da Muller, por iso me satisface enormemente que o esteades a pasar ben e enorgulléceme moitísimo a boa acollida que entre vós está a ter esta actividade".
A iniciativa está a ser un éxito, e é que os datos falan por si sós. Os días que se leva realizado a actividade crubriuse sempre o número de prazas máximo posible.
Fonte: vigometropolitano
No hay comentarios:
Publicar un comentario