Toda a actualidade de Mos
A edil de Benestar Social, Ana María Rodíguez Cabaleiro, fixo hoxe balance do resultado das actividades programadas e organizadas pola súa concellería con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller que se celebrou o pasado domingo, 8 de Marzo.
A concelleira fixo hoxe públicos datos moi significativos que demostran o éxito das actividades realizadas ó longo de toda a semana pasada. No circuíto termal que se realizou no Palacio da Auga do Balneario de Mondariz, perseguindo o obxectivo de aunar ocio e relax, participaron un total de 112 mulleres mosenses.
Nos obradoiros de 'A saúde a través do arte' interviron 108 participantes repartidas entre os cinco centros nos que se clelebraron. O luns, día 2 de Marzo, o obradoiro tivo lugar na Asociación de Veciños Chan do Bosque en Amieirolongo e participaron nel 26 mulleres. O martes 3 levouse a cabo no Pazo de Mos, onde participaron 22 mulleres. O mércores día 4 realizouse no centro social de San Rafael con 20 participantes, o mesmo número que interviu nos obradoiros do xoves 5 e o venres 6 de Marzo, celebrados en Guizán e no centro Multiusos das Pozas respectivamente.
O acto estrela da programación, o concerto que a Señora Carmen deu o sábado día 7 no auditorio do Pazo de Mos, contou tamén cunha afluencia de público inmellorable. Segundo Rodríguez Cabaleiro "foron máis de 250 persoas as que desfrutaron do espectáculo no auditorio do Pazo, que se encheu tempo antes das sete da tarde, hora á que comenzaba, e durante o concerto estivo abarrotado; incluso se engadiron máis cadeiras para que todos os asistentes puidesen permanecer sentados".
Tamén acadou un elevado índice de visitas, tal e como informaba hoxe a edil de Benestar Social, a exposición da pintora mosense Avelina Martínez, que estivo instalada no salón de actos do Concello durante toda a semana pasada.
"Foron centos tamén", concluiu Ana Rodríguez, "os que visitaron o sábado pola tarde no Pazo de Mos a mostra de pinturas da artista e psicóloga santiaguesa, Encarna Álvarez. Todo un éxito da programación na honra da muller".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario