Toda a actualidade de Mos
A concellería de Parques e Xardíns que dirixe o edil, Luis Alonso Seijo, está a acometer a mellora e acondicionamento das zonas verdes e de esparcemento municipais en Mos.
Como xa informaron fai semanas dende o Concello, será a empresa Aceesca Emprego, a que realizará estes traballos gracias a un convenio de colaboración asinado entre a entidade porriñesa e o organismo municipal. Aceesca é unha asociación de dimunuídos psíquicos con sede en Torneiros, na localidade do Porriño, coa que ven colaborando e interesándose o equipo de goberno local mosense dende a súa chegada ó Concello. Gran parte dos seus alumnos e empregados son naturais e veciños de Mos.
Hoxe a Alcaldesa, Nidia Arévalo, visitou os traballos que os operarios de xardinería de Accesca Emprego están a realizar nas zonas verdes e axardinadas do barrio de San Rafael, na parroquia de Pereiras. Estivo acompañana polo concelleiro Luis Alonso e por veciños da zona que lle agradeceron as melloras que se están a acometer no lugar.
Fonte: VM
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario