Toda a actualidade de Mos
Durante a tarde do luns celebrouse no Concello de Mos unha reunión sobre o fututo PXOM (Plan Xeral de Ordeación Municipal) para a localidade. Na xuntanza estiveron presentes a Alcaldesa, Nidia Arévalo, e representantes dos grupos políticos da Corporación Municipal, así coma das entidades que poderían resultar afectadas por un posible convenio co Concello.
O equipo redactor do PXOM mosense declarou o luns que o único que falta para poder por en marcha o Plan Xeral Mosense é a sinatura dos convenios con ditas entidades que son: as granxas anexas ó Pazo de Mos, a zona empresarial do antigo matadeiro municipal, Frigolouro, entorno da discoteca Queen, zona da Portela en Puxeiros, parroquia de Torroso e Comunidade de Montes de Tameiga.
Segundo informou a rexedora local, o convenio coas granxas anexas ó Pazo de Mos consistiría na cesión dunha parte da parcela na que se atopan para uso e desfrute do pazo; e que desaparezan as istalacións actuais da granxa, xa que Arévalo considera esta a mellor opción, "posto que o entorno do Pazo estase a ver afectado por intensos olores causados polos animais".
Nidia Arévalo asegurou tamén que "dende o equipo de goberno municipal queremos colaborar coa futura construcción dun local social para os veciños de Torroso, posibilidade que xa estamos a estudiar".
En total, na reunión do luns, estiveron presentes ata sete entidades xunto con representantes da Corporación para tratar todos estes temas. Con algunas delas, o Concello ten prácticamente pechados os convenios, con outras as negociacións van máis lentas pero Arévalo espera "que cheguen a bo porto".
A semana que ven celebrarase unha nova xuntanza na que estarán presentes o equipo de goberno, o equipo redactor do PXOM e o resto da Coporación Municipal, na que o Concello intentará acercar posicións coas entidades máis reacias a conveniar. A Alcaldesa espera, visto o óptimo desenrolo do procedemento, "que o vindeiro mes haxa xa conclusións".
Fonte: VM
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario