viernes, 13 de marzo de 2009

Fomento descarta a supresión da peaxe na autoestrada AP-9 de Vigo a Porriño

Toda a actualidade de Mos

A senadora do PP Dolores Pan asegura que o Goberno descartou a alternativa do
Concello e dos veciños de Mos afectados sen estudar a viabilidade da proposta



Reunión da comisión de seguimento coa presenza da senadora Dolores Pan

A comisión de seguimento da nova autovía Vigo-Porriño reuniuse, onte de urxencia, no Concello de Mos tras coñecer que o Ministerio de Fomento pretende levar adiante a construción desta nova infraestrutura viaria que atravesará o municipio.

A senadora do Partido Popular, Dolores Pan, desprazouse onte a Mos para informar á comisión que o ministerio nin contemplou nin estudado a posibilidade de suspender a peaxe da AP-9 como alternativa á nova autovía; así como que, finalmente, resultou aprobada a alternativa que contempla a modificación do trazado da vía no alto de Puxeiros, cando, inicialmente, nin sequera prevíase que pasase por esa zona.
Dores Pan comunicoulles que acababa de recibir por correo postal a resposta a unha pregunta que presentara ela mesma facía nove meses. "Debería ter sido respostada nun prazo máximo dun mes e sen embargo consta de data do 17 de febreiro", comentou Pan criticando a dilación da contestación.

A senadora comprometeuse cos membros da comisión de seguimento a presentar o vindeiro luns unha serie de preguntas no Senado sobre que alternativa que se aprobou finalmente e en que data, cal é o trazado exacto e que alegacións dos veciños foron tidas en conta, se existe algún compromiso entre o ministerio e o Concello de Mos e de que tipo, así como cales serán os prazos de execución e cal é o orzamento total que se investirá na obra.

Desde o Concello de Mos consideran que Fomento desestimou as alegacións presentadas polos veciños e que "ou que están a facer é ningunearnos" apuntou a alcaldesa, e en nome da comisión advertiu que "non queremos que se leve a cabo, non permitiremos que se contrúa e chegaremos ó final para logralo; e se fai falta porémonos diante dás máquinas para impedirlles traballar" . A rexedora prevé reunirse en maio co futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen, segundo ela, tamén se opón á nova autovía.

A comisión de seguimento reuniuse xa en tres ocasións e en ningunha delas participou o Partido Socialista. Na mesa de análise estivo Nidia Arévalo; a edil de Patrimonio, Ana Rodríguez; o edil non adscrito, Gerardo Alonso; o portavoz do BNG, José Manuel Martínez Ojea; e representantes da plataforma de afectados Defende Mos.

Fonte: farodevigo

No hay comentarios: